Lorena Fernández Boullón Avogada en Noia

Ltda. Coleg. nº 6435 ICACOR

Avogada experta en dereito de estranxeiría, laboral e civil

No despacho de Lorena Fernández Boullón, avogada especialista situada en Noia, préstase un asesoramento xurídico de calidade no que concierne a dereito civil, dereito penal, dereito de estranxeiría e dereito laboral. Grazas á experiencia e a formación que recibiu aválanlle como unha avogada de referencia na zona de Barbanza e arredores.

Toda a profesionalidade e a eficacia que se emprega en cada cita coa avogada Lorena Fernández Boullón garante un servizo óptimo e de calidade da man dunha letrada experta que tratará cada problema e conflito coa maior competencia.

Ademais, cabe destacar que Lorena Fernández Boullón conta cos coñecementos necesarios para tratar calquera tema de violencia de xénero, polo que se precisa que lle axude a concluír e resolver aqueles problemas pertinentes á violencia de xénero, no seu despacho de avogados en Noia atopará sen ningunha dúbida a solución ante esa gravísima situación.

Se está a buscar unha avogada que lle axude cos trámites pertinentes en canto a separacións, divorcios, reclamacións bancarias... etc, con Lorena Fernández Boullón atopará unha solución rápida e eficaz grazas ao asesoramento personalizado centrado en cada caso de maneira detallada e individual.

Máis información

Abogada

Asesoramento personalizado

Resolución de conflitos

Demandas e recursos

Servizo profesional

Dereito Civil

Dentro da rama do dereito civil, existen unha infinidade de casos e temas a tratar, a avogada Lorena Fernández Boullón é especialista en todo tipo de cuestións relativas ao dereito de estranxeiría, dereito bancario e cuestións relacionadas con obrigacións e contratos tanto de particulares como profesionais.

Dereito de estranxeiría

  • Solicitude de nacionalidade española
  • Reagrupamento familiar
  • Residencia por arraigamento
  • Autorización de residencia temporal e traballo para mulleres vítimas de violencia de xénero
  • Recursos contra denegación de permisos de residencia
  • Recursos contra resolución de expulsión
  • Prórroga de estancia
  • Recursos en expedientes sancionadores de expulsión ou multa
  • Recursos fronte a resolución de denegación de visados
  • Expedientes de asilo

Solucións Migrantes

Logo de Lorena Fernández Boullón

Dereito bancario

  • Cláusula "suelo"
  • Gastos de hipoteca
  • Tarxeta revolving
  • Comisión de apertura
  • Índice IRPH
  • Cláusula de vencemento anticipado
  • Seguros de vida de prima única vinculados a préstamo hipotecario

Obrigas e contratos

  • Reclamacións de cantidade
  • Leiras
  • Comunidades de propietarios
  • Arrendamentos urbanos e desafiuzamentos
  • Redacción de contratos
  • Revisión e asesoramento previo á firma dun contrato
  • Contratos de arras
  • Contratos de compravenda
  • Reclamacións de responsabilidade civil contractual e extracontractual
  • Seguros
  • Defectos construtivos
  • Accidentes de tráfico
  • Reclamacións por vicios ocultos

Busca unha avogada especializada en dereito de laboral?

A misión da avogada Lorena Fernández Boullón en Noia, consiste en garantir aos clientes soluciones eficaces e de calidade en canto a conflitos e penas que atenten contra os dereitos das persoas, así como a cumprir todas as normas que conforman o dereito penal.

  • Denuncias e querelas
  • Asistencia á detido
  • Acusación e defensa en xuízo
  • Delitos contra a seguridade do tráfico
  • Delitos contra a saúde pública
  • Delitos contra o patrimonio: roubo, furto, etc.
  • Delito de lesións
  • Problemas de alcoholemias
  • Violencia de xénero e doméstica
  • Apropiación indebida e estafa
  • Cancelación de antecedentes penais e policiais

Coñeza os dereitos laborais desde a visión de traballadores e empresa

En moitas ocasións, no noso traballo impóñennos sancións laborais coa que non sempre estamos de acordo, da mesma maneira ocorre cando nos obrigan a realizar algunha modificación no salario, as vacacións, ou en calquera outro tema relacionado co laboral. Estas cuestións supoñen unha perda de dereitos para o traballador, o cal é un problema bastante común por desgraza.

Es un traballador e queres coñecer todos os teus dereitos? A avogada Lorena Fernández Boullón defenderá todos os teus dereitos laborais en canto a:

  • Despedimentos improcedentes
  • Reclamacións de salarios
  • Recoñecemento de existencia de relación laboral
  • Modificacións substanciais das condicións de traballo
  • Conciliación da vida persoal, laboral e familiar
  • Accidentes de traballo
  • Impugnación de sancións
  • Impugnación de alta médica
  • Incapacidades
  • Vacacións interrompidas
Abogada

Confíe na avogada Lorena Fernández Boullón

Se está a buscar unha avogada especialista en material civil, violencia de xénero, dereito penal, dereito de estranxeiría ou dereito laboral na zona de Barbanza ou arredores, non dubide en contactar con Lorena Fernández Boullón, resolveralle calquera problema relacionado con estas materias.

Contacta

Mantéñase informado das últimas novidades nas nosas redes sociais

Se quere estar ao día de todas as novidades e sentenzas que xorden no Tribunal Supremo ou nas autoridades pertinentes, non dubide en botar unha ollada ás redes sociais de Lorena Fernández Boullón

Visítanos en Instagram

Bote unha ollada ás últimas noticias en materia legal

Arraigo para a formación. A nova forma de regularizar a túa situación en España tras a reforma do Regulamento de Estranxeiría 17 Ago

Arraigo para a formación. A nova forma de regularizar a túa situación en España tras a reforma do Regulamento de Estranxeiría

O arraigamento para a formación xa se pode solicitar a partir do pasado 16 de agosto deste ano 2022 e neste curto período de tempo xa se está a converter na maior reivindicación da reforma migratoria por parte dos estranxeiros que se atopan en situación irregular en España. Neste post imos explicar como se pode solicitar este tipo de enraizamento, cales son os requisitos e que formación pode cursar para que se lle conceda este permiso de residencia. 1. En que consiste o arraigo para a formación e onde podo solicitalo? A partir do pasado 16 de agosto xa é posible solicitar o arraigamento
Intereses usurarios no financiamento de vehículos 30 Mar

Intereses usurarios no financiamento de vehículos

30/03/2022 Dereito de consumo
Actualmente son moi poucas as persoas que aínda non teñan oído falar da existencia de intereses usurarios en diferentes tipos de produtos bancarios, sendo un dos máis comúns as coñecidas como tarxetas revolving. Non obstante, como consumidor debes saber que as tarxetas revolving non son os únicos produtos financeiros que se ven afectados por estes intereses usurarios, senón que tamén existen noutro tipo de produtos como os microcréditos e outros créditos ao consumo, entre os que atopamos os préstamos para o financiamento da compra de bens mobles, como son os vehículos. Á hora de mercar un
Opcións dos traballadores ante a mobilidade xeográfica 16 Feb

Opcións dos traballadores ante a mobilidade xeográfica

16/02/2022 Dereito laboral
Que é a mobilidade xeográfica? Considérase que existe mobilidade xeográfica cando un traballador (que non fose contratado para prestar os seus servizos en centros de traballo móbiles ou itinerantes) se despraza ou se traslada a outro centro de traballo en distinta localidade que requira un cambio de residencia. Para proceder a esta modificación requírese que a empresa xustifique que existen causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción que fan necesaria a adopción desta medida. A resolución de traslado deberá ser notificada polo empresario ao traballador, así como aos seus
Como regularizar a miña situación en España sen ter que regresar ao meu país de orixe? 9 Feb

Como regularizar a miña situación en España sen ter que regresar ao meu país de orixe?

Existen moitas formas diferentes de obter o permiso de residencia en España, pero non todas se poden solicitar estando xa en territorio español de forma irregular. Non obstante, se xa estás en territorio español e non queres ou non podes regresar ao teu país de orixe, por calquera motivo, e solicitar desde alí a túa residencia, podes facelo en territorio español, aínda que te atopes en situación irregular, por algunha das vías que vos vou explicar.   1. RESIDENCIA POR ARRAIGO SOCIAL Esta é quizais a forma máis común e habitual de obter o permiso de residencia en España, porque se pode
Despedíronme por WhatsApp. É iso posible? 21 Xan

Despedíronme por WhatsApp. É iso posible?

21/01/2022 Dereito laboral
O certo é que a xeralización entre a poboación do uso de aplicacións móbiles e redes sociais leva inevitablemente a que as novas tecnoloxías incidan directamente na relación laboral e nas comunicacións entre traballadores e empresas e viceversa. De feito, as conversacións mantidas por WhatsApp e outras redes sociais son agora o pan de cada día como proba documental nos nosos tribunais. Tanto é así que o noso Tribunal Supremo recoñeceu incluso recentemente o correo electrónico como proba documental adecuada para a revisión fáctica casacional. É dicir, constitúen probas hábiles para
Por que se debe formalizar por escrito o contrato de préstamo entre particulares? 7 Xan

Por que se debe formalizar por escrito o contrato de préstamo entre particulares?

07/01/2022 Dereito civil
Se tes pensado prestar diñeiro proximamente a algún amigo ou familiar ou necesitas que alguén cho preste a ti, isto interésache! En moitas ocasións os préstamos entre particulares quédanse nun mero pacto verbal, é o habitual xa que xeralmente este tipo de préstamos fanse en circunstancias de especial confianza ou estreitas relacións de afectividade.  Cal é o problema? O problema é evidente. Non recoller por escrito este contrato de préstamo, aínda que sexa de xeito privado (sen necesidade de acudir á notaría), xera unha gran inseguridade xurídica para ambas as partes, prestamista (o que
Pódome despedir durante a baixa médica? 24 Nov

Pódome despedir durante a baixa médica?

24/11/2021 Dereito laboral
Poden despedirme estando de baixa médica? Esta é unha pregunta que todo traballador se fixo algunha vez e a maioría da poboación ten a crenza, errada, de que estando de baixa médica non poderán despedirnos baixo ningún concepto. Consideramos así que, unha vez cursamos a baixa médica sexa por continxencias comúns ou continxencias profesionais, nos atopamos, dalgún xeito, blindados fronte a calquera tipo de despedimento. Pois ben, a resposta, por sorprendente que pareza, é que SI. Efectivamente, poden despedirnos mentres nos atopamos de baixa médica. Isto é, o feito de que un traballador se

Ver todas as novas

LORENA FERNÁNDEZ BOULLÓN

Contacte coa avogada Lorena Fernández Boullón

Póñase en contacto connosco, resolveremos todas as súas dúbidas coa máxima rapidez e amabilidade.

  • Dirección
  • Rosalía de Castro, 12 Portal 4, 2º B - 15200 Noia
  • Horario
  • De luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
  • Horario de verán (do 15 de xuño ó 15 de setembro)
  • Luns a venres de 9:00 a 15:00.
  • E-mail
  • info@lorenafernandezboullonabogada.es

Formulario de contacto

O titular da páxina informa que os datos deste formulario serán tratados para ofrecerlle a información solicitada, sendo a base legal do tratamento o consentimento outorgado polo usuario. Non se cederán datos a terceiros. Pode exercer os dereitos como se explica na Política de Privacidade.